Monseñor Barrio, nas xornadas sacerdotais de Poio

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, e o seu bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, asistiron este martes á inauguración da XXVII Semana de Formación Permanente do Clero de Galicia, unha cita xa tradicional que se desenvolve no mosteiro de Poio, en Pontevedra. Abriu as sesións de traballo monseñor Luís Argüello García, bispo auxiliar de Valladolid e secretario xeral da Conferencia Episcopal, quen falou sobre “Mocidade e fe”, como relator principal destas xornadas, en dúas intervencións. Este ano as Xornadas desenvólvense do 10 ao 12 de setembro e teñen como lema “Mocidade: Comuñón e Comunicación. Retos para unha tarefa evanxelizadora”.

Xunto ao Secretario Xeral da C.E.E., intervirán como relatores: D. Carlos López Segovia, Vicesecretario da C.E.E.,  D. José Gabriel Beira Beorlegui, Director do Secretariado de Medios de Comunicación Social da C.E.E., e Mons. Jesús Fernández González, Bispo auxiliar de Santiago.

Ademais das conferencias, haberá obradoiros, unha mesa redonda e outras actividades.

Este é o programa das dúas próximas xornadas deste encontro de sacerdotes de todas as dioceses galegas:

Mércores, 11 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – 4ª  Relatorio:  “A Comunicación na Iglesia (ad intra e ad extra )”. Relator: D. José Gabriel Vega Beorlegui, Director do Secretariado de Medios de Comunicación Social da C.E.E.

12:00 – Descanso.

12:30 – Obradoiros: “Novas Tecnoloxías e misión evanxelizadora” (D. José Carlos Alonso e  D. Manuel Blanco) / “A pastoral vocacional, hoxe” (Delegacións de pastoral vocacional de Galicia). / “Cáritas e voluntariado xuvenil” (Delegacións de Cáritas de Galicia).

14:00 – Xantar

15:30 – Excursión-Convivencia: Escola Naval de Marín  e Cabo do Home.

21:30 – Cea.

Xoves, 12 de setembro:

8:30 – Laudes – Eucaristía.

9:30 – Almorzo.

10:30 – 5ª  Relatorio“A Formación Permanente do Clero: un reto cara ao futuro”. Relator: Mons. Jesús Fernández González, Bispo auxiliar de Santiago.

11:30 – Diálogo co relator.

12:00 – Descanso.

12:30 – Mesa redonda: “Camiños a seguir a partir da Exhortación apostólica Christus vivit” (Delegacións de pastoral Xuvenil).

13:30 – Clausura.

14:00 – Xantar.

Versión en castelán