Monseñor Barrio: “estades a axudar a millóns de nenos e nenas que necesitan da vosa oración, sacrificio e amor”

  • Pastoral do arcebispo aos máis pequenos da diocese no día da Infancia Misioneira, na que lles agradece a súa “presenza e participación”

O vindeiro domingo día 26 de xaneiro a Iglesia celebra a Xornada da Infancia Misioneira baixo o lema “Con Xesús a Exipto. En marcha!” e o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, lembra aos nenos e nenas da diocese que “tamén este ano quero compartir convosco a esixencia misioneira da vocación cristiá para anunciar que Deus nos ama como nolo manifestou no nacemento de seu Fillo Xesús. El foi o primeiro gran misioneiro do amor de Deus.”. Monseñor Barrio anima a nenos e nenas a non esquecerque estades a axudar a millóns de nenos e nenas que necesitan da vosa oración, sacrificio e amor, axudándoos a coñecer a Xesús e a ter unha boa formación. Eles esperan a vosa resposta. Agradézovolo tamén no seu nome. Rezo por vós e pido que o Neno Deus vos bendiga a vós, ás vosas familias e á nosa Diocese. Non vos esquezades de rezar por min”.

Na carta que o arcebispo escribe aos diocesanos máis pequenos, coméntalles que a Sagrada Familia, María, Xosé e o Neno Xesús, foi perseguida desde “os primeiros momentos da súa vida” e explícalles que podemos imaxinar “o sufrimento que supuxo o ter que fuxir a un país descoñecido ao verse perseguido polo rei Herodes. Pero isto configurouno como misioneiro, obedecendo á vontade de Deus Pai”.

“Podémonos imaxinar”, di monseñor Barrio, “cales foron as dificultades e as incomodidades que atoparon no camiño e xa despois vivindo en Exipto, vendo a moitas familias migrantes, refuxiadas e desprazadas forzosamente entre nós. A Sagrada Familia tivo que percorrer a pé un 690 Km por camiños descoñecidos para preservar a seguridade do Neno, cunha calor atafegante polo día e un frío xélido pola noite, pasando fame e sede”.

O arcebispo indica na súa carta que “sempre me alegra a vosa presenza e participación na catequese e coñecer as vosas iniciativas e inquietudes. Tamén este ano quero lembrarvos que sodes os pequenos misioneiros que imitando a Xesús comunicades que Deus vos ama, unha noticia que ten que chegar ata o confín da terra”.

Versión en castelán