Monseñor Barrio: “Europa, ao meu parecer, non malgastou a súa herdanza espiritual pero talvez a tena esquecida”

O arcebispo compostelán lembra a mensaxe europeísta de San Xoán Paulo II en Compostela na inauguración da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, participou este xoves no acto inaugural da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa que se celebra en Compostela. O prelado compostelán lembrou na súa benvida aos participantes que “fai trinta e sete anos o papa San Xoán Paulo II deixábanos na Catedral Compostelá unha mensaxe profético sobre Europa, que segue tendo toda a súa actualidade. Na “nova Europa do espírito” é necesario avivar as raíces cristiás e lembrar o Evanxeo a quen o esqueza e transmitilo a quen xa non o coñecen. A colegialidad e a sinodalidad axúdannos nesta tarefa”. Tras ofrecer “a nosa hospitalidade” aos presidentes das Conferencias Episcopais de Europa, monseñor Barrio indicou que “Europa, ao meu parecer, non malgastou a súa herdanza espiritual pero talvez tena esquecida. Sabemos que o sentir relixioso non desaparecerá xamais porque non se pode eliminar do corazón do home o significado da propia vida, preguntándose sobre o misterio. Isto tradúcese nunha actitude relixiosa cun vínculo entre relixión e pobo, o que hoxe está a fallar en Europa”.

O acto inaugural deste encontro tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza de S.Em. Card. Ricardo Blázquez Pérez, Presidente da Conferencia Episcopal Española, de S.Em. Card. Marc Ouellet, Prefetto da Congregación para os Bispos, de Mons. Michael F. Crotty, Encargado de Negocios da Nunciatura Apostólica en España, así como de Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e de Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago.

Na súa intervención de apertura do encontro, monseñor Barrio dixo que “certamente, non se trata de crear unha Europa paralela á existente, senón de mostrar a esta Europa que a súa alma e a súa identidade están profundamente enraizadas no cristianismo, para poder así ofrecerlle a clave de interpretación da súa propia vocación no mundo”. E explicou que “mirando ao Ano Santo Compostelán 2021, a peregrinación xacobea descobre que o cristianismo por ser apertura ao universal, configurou unha Europa aberta e capaz por iso de integrar novos elementos”.

O arcebispo compostelán sinalou, ademais, que “o peregrino xacobeo, “viaxeiro do sacro e transmisor de saberes”, segue contribuíndo á reconstrución da Europa que ten as súas raíces na tradición cristiá. O Camiño de Santiago é a intelixencia espiritual para darlle sentido”.

Versión en castelán