Monseñor Barrio expresa a súa ledicia por acoller a Asemblea de Acción Católica Xeral

Monseñor Barrio, arcebispo de Compostela, participou hoxe na inauguración oficial da III Asemblea de Acción Católica Xeral. Na súa intervención ante os peregrinos, o prelado compostelán dixo: “Chegades desde distintas dioceses. É posible que esteades fisicamente cansos, pero non hai espazo en vós para a fatiga espiritual. Como peregrinos da fe e testemuñas de Cristo resucitado fostes descubrindo cada día novos horizontes na vosa relación con Deus, tomando conciencia de todas aquelas cousas superficiais e accesorias que pesan na mochila da nosa existencia e das que podemos e debemos prescindir para camiñar lixeiros. A pesar das incomodidades propias do peregrinar a sede de Deus alumouvos para atopar a fonte que mana e corre aínda que sexa de noite. Tede plena confianza en quen é “o Camiño, a Verdade e a Vida”!”

O arcebispo amosou a súa satisfacción por este encontro e comentou que “para esta Igrexa particular de Santiago de Compostela é motivo de profunda ledicía a presenza de todos Vds., unha honra e un acontecemento que recollerá puntualmente a historia compostelá. Os camiños da ACG da Igrexa que peregrina en España converxen aquí en Santiago. Esta Cidade do Apóstolo, de maneira especial nestes días, faise un Emaús de encontro, de acollida, e de reflexión. Xa sei que o vir ata aquí non é coa intención de afastarse da “Xerusalén” en que cada un ten que cumprir o encargo que nos deu o Señor Xesús: “dar testemuño do Evanxeo da graza de Deus a través da caridade”.

Versión en castelán