Monseñor Barrio ordena a dous novos sacerdotes e un diácono

“O sacerdote é a voz de quen non ten voz: os pequenos, os pobres, os anciáns, os oprimidos, marxinados, o guía da porción do Pobo, que lle foi confiada, o pastor dunha comunidade formada por persoas que cada unha ten un nome, a súa historia, o seu destino, o seu secreto. Non vos humilledes ante os poderosos, inclinádevos ante os pobres e pequenos. Amigos, se os ideais son altos e o camiño difícil, as incomprensións son moitas, pero o podemos todo grazas a Quen nos fai fortes”.de Compostela, monseñor Julián Barrio, na cerimonia de ordenación de dous novos sacerdotes e un diácono que tivo lugar na Catedral de Santiago. Desde hoxe, a Arquidiocese compostelá conta con dous novos presbíteros, Ruben Budiño Carreira e Santiago Fernández González; e un novo diácono, Simón Lemiña Cores. Na súa homilía, monseñor Barrio tamén pediu aos laicos que fosen “conscientes do gran don que os sacerdotes son para a Igrexa e para a sociedade. Sabede agradecer a Deus, e sobre todo estade próximos aos vosos sacerdotes coa oración e co apoio, especialmente nas dificultades, para que sexan cada vez máis Pastores segundo o corazón de Deus”.

Cunha coidada liturxia e cunha música escollida, a Catedral foi hoxe escenario da imposición das Ordes Sacras, unha cerimonia presidida polo arcebispo, monseñor Barrio, na que tamén estivo presente o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González. “O sacerdote non se pertence a si mesmo”, comentou o arcebispo compostelán na súa homilía, “non vive para si e non busca o que é seu senón o que é de Cristo. O sacerdocio non é un oficio ou unha obrigación, senón un Don, acollido con temor e humildade”.

Nas súas palabras, monseñor Barrio animou aos novos sacerdotes e ao novo diácono a traballar con sensibilidade e atención especial aos máis necesitados da sociedade, con espírito de xenerosidade e entrega.

O Seminario Maior preparou ao longo das últimas semanas esta cerimonia e a vixilia do pasado venres para rezar polo ministerio e as tarefas apostólicas dos dous novos sacerdotes e o diácono que hoxe foron ordenados. Rubén Budiño é orixinario da parroquia de Santiago de Arzúa, mentres que Santiago Fernández é natural de Santa María de Turces (Touro) e Simón Lemiña procede de San Cipriano de Vilanova de Arousa.

 

 

Versión en castelán