Monseñor Barrio pide aos diocesanos que se unan á oración universal polo coidado da creación

  • Carta Pastoral do arcebispo compostelán na que convida a todos “a un compromiso ecolóxico”, que para os cristiáns é unha prioridade para construír unha sociedade máis humana

Nunha Carta Pastoral dedicada ao “Día do Coidado da Creación”, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, pide a todos os diocesanos que se unan “na Catedral, nas parroquias e nas comunidades relixiosas da Diocese” en oración ante o Santísimo, “uníndonos a toda a Iglesia”, por esta “intención do coidado da creación, axudándonos das oracións que o Papa nos propón na Encíclica Laudato Se´”, especialmente na súa nº 246. Na carta que hoxe dá a coñecer o arcebispo, lémbrase que “cada día suscita maior interese o coñecemento do estado do medio ambiente do planeta, xa que é un condicionante do benestar social, sanitario e económico. A industrialización e a urbanización modificaron o medio ambiente e orixinaron problemas ambientais de primeira orde (o efecto   invernadoiro e o cambio climático, a destrución da capa de ozono estratosférica, o transporte de contaminantes, a desertización, etc.), que é preciso corrixir”. Monseñor Barrio avoga por poñer en marcha un “compromiso ecolóxico, coidando a creación con pequenas accións cotiás e conformando desta maneira un estilo de vida”.

Coincidindo coa celebración, como cada ano, desde o 1 de setembro ata o 4 de outubro, dun tempo de oración a nivel mundial para celebrar o Tempo da Creación, o arcebispo compostelán ha escrito unha carta pastoral na que asegura que “hai que evitar que as actividades futuras orixinen máis deterioración na nosa contorna, a través dunha política preventiva que permita un desenvolvemento sostido e equilibrado, e teña como obxectivos a protección da saúde humana e a conservación de todos os recursos (aire, auga, clima, especies de flora e fauna, alimentos, materias primas, hábitat, patrimonio natural e cultural) que condicionan e sustentan a vida”.

Monseñor Barrio explica no texto que “o papa Francisco lémbranos que habemos de vivir o que el chama a conversión ecolóxica que supón recoñecer a creación como un don de Deus e sentirse relacionados coas demais criaturas formando con elas unha comuñón universal”. Para o arcebispo, “solidariedade, xustiza social e capacidade de admiración ante a creación son factores que contribuirán, coa axuda de Deus e o traballo dos homes de ben, a que a esperanza alcanzable convértase algún día non moi afastado en realidade tanxible”.

Na súa carta, o arcebispo de Santiago asegura que “celebrar o Tempo da Creación”, axudaranos a todos “a darnos conta de que “vivir a vocación de ser protectores da obra de Deus é parte esencial dunha existencia virtuosa”, que “non consiste en algo opcional nin un aspecto secundario da experiencia cristiá”.

 

Versión en castelán