Monseñor Barrio pide aos novos sacerdotes ser “curas próximos que falan con todos”

  • Desde este sábado a Arquidiocese de Compostela conta con tres novos diáconos e outros dous sacerdotes

“A finura espiritual evitará que vos convertades en burócratas da pastoral. Sede curas próximos que falan con todos. Acompañade ás persoas con misericordia no camiño da reconciliación. “A xente quere aos seus pastores, necesítaos, confía neles”. Así o percibo na visita pastoral”, aseguraba este sábado o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, na homilía das ordenacións de diáconos e presbíteros que se celebrou na Igrexa de San Martín Pinario. O arcebispo tivo palabras de alento para Carlos Camiño Lema, natural de Cambeda; Javier Carballo Mouzo, de Vimianzo; e Juan Sanjurjo Arias, natural de Arteixo, que foron ordenados diáconos; e para Callistus Chidiebere Nwoye, natural de Nixeria; e Santiago Luís Núñez Fernández, de Moaña, novos sacerdotes. “O meu saúdo e felicitación cordial a vós, queridos ordenandos, ás vosas familias, aos vosos amigos e coñecidos. A miña gratitude ao Sr. Reitor, Formadores, Profesores, e a quen vos acompañe co testemuño da súa fe, coa ciencia dos seus coñecementos e coa bondade da súa virtude”, indicou monseñor Barrio.

Desde hoxe sábado día 11 de xullo a Arquidiocese de Compostela conta con tres novos diáconos e dous novos sacerdotes. Foron ordenados polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, nunha solemne cerimonia eucarística celebrada na Igrexa de San Martín Pinario, que  contou coas limitacións de aforo derivadas das medidas de seguridade pola crise sanitaria do covid 19.

“Queridos candidatos  ao  Diaconado Carlos, Javier e Juan, hoxe é un día para vós de dons e de grazas, de obrigacións e compromisos”, lembraba monseñor Barrio a quen  ía a ser ordenados diáconos, exhortándolles a   “que non salga da vosa boca ningunha palabra ociosa e sen sentido. Na exhortación moral infundid a bondade á xente. Imitade a Cristo que non veu ser servido senón a servir”.

Aos dous novos sacerdotes, o arcebispo convidáballes a aspirar  á “santidade que “é o rostro máis belo da Igrexa”. O sacerdocio é un don e non unha función, non é un contrato de traballo. Ao ungir aos enfermos e aos bautizados lembrade que estades a vivir o feito de compartir a vosa vocación e a vosa vida”.

Ademais, monseñor Barrio animou a todos os presentes a estar “próximos aos vosos sacerdotes coa oración e co apoio, especialmente nas dificultades, para que sexan cada vez máis Pastores segundo ou corazón de Deus”.

Versión en castelán