Monseñor Barrio pide “saír do noso bucle egocéntrico” ao comezo da Coresma

  • Presidiu a misa do Mércores de Cinza na igrexa de Salomé

“A coresma é unha chamada”, explicou hoxe na súa homilía do Mércores de Cinza, na igrexa de Salomé, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio. ” Con esta conciencia habemos de saír de nós mesmos para non encerrarnos no noso bucle egocéntrico nin vivir unha vida de mínimos, e para deixarnos preguntar por Deus”, indicou o arcebispo.

Monseñor Barrio sinalou ademais que neste tempo “pídesenos dar unha resposta desde a fe e desde o Evanxeo aos nenos aos que se lles impide vivir unha infancia digna, aos mozos que non atopan sentido á súa vida, aos adultos que vagan na indiferenza, ás familias que se rachan, aos anciáns que gastan o atardecer da súa vida xaxúns de esperanza”.

Ao comezo deste tempo litúrxico que culminará na Semana Santa e o Domingo de Pascua, o arcebispo dirixirá senllos retiros mañá día 7 e o venres 8 nas vigairías de Santiago e A Coruña, respectivamente. Hoxe pola mañá, o azobispo presidiu un retiro sacerdotal con imposición da cinza na Vigairía de Pontevedra. Tamén o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, desprazouse a distintas parroquias da Coruña para presidir a cerimonia

Versión en castelán