Monseñor Barrio preside este sábado a ordenación de tres novos diáconos e dous sacerdotes

Este sábado, día 11 de xullo, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá na Igrexa de San Martiño Pinario, a solemne Eucaristía na que ordenará a tres novos diáconos e dous novos sacerdotes. A cerimonia dará comezo ás 18:00 horas e contará coas limitacións de aforo previstas pola actual situación derivada da crise sanitaria do Covid 19.

Os tres seminaristas que serán ordenados diáconos son: Carlos Camiño Lema, natural de Cambeda; Javier Carballo Mouzo, de Vimianzo; e Juan Sanjurjo Arias, natural de Arteixo.

Pola súa banda, os diáconos que serán ordenados sacerdotes son: Callistus Chidiebere Nwoye, natural de Nixeria; e Santiago Luís Núñez Fernández, de Moaña.

Versión en castelán