Inicio Actualidade Monseñor Barrio preside a Misa de Nadal en Santiago

Monseñor Barrio preside a Misa de Nadal en Santiago

“Nadal é a manifestación do misterio do amor de Deus cara a nós. Revela que o Fillo de Deus non quere dominar a historia desde posicións de poder, senón que a quere habitar na sinxeleza dunha familia pobre; non quere utilizar tácticas de forza, senón buscar a concordia lonxe de toda violencia. Por iso, estamos a celebrar un Misterio que marca a historia humana segundo o designio de Deus e esvaecida polo home nas guerras, o terrorismo e a non aceptación dos demais”. Estas foron algunhas das palabras pronunciadas por monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago, na Misa de Nadal que presidiu na Catedral de Santiago. O arcebispo lembrou que “o Nadal nos convida a transformar a nosa sociedade nunha realidade de comuñón e fraternidade no medio do desgaste espiritual que padecemos”.

 

Foto: @CatedralStgo

Versión en castelán