Monseñor Barrio preside mañá en Pontevedra as confirmacións dun grupo de mozos e adultos en Santa María a Maior

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:00 horas, as confirmacións na parroquia de Santa María a Maior de Pontevedra dun grupo de mozos e adultos que se estiveron preparando na dita parroquia. Desde Santa María a Maior convidan a celebrar “con eles este paso tan importante na súa vida de fe participando na Eucaristía dese día, presidida polo arcebispo”.

Como se trata dunha importante celebración da Iniciación Cristiá que afecta a toda a comunidade, a parroquia avisa de que non haberá a misa da tarde en San Roque.

Versión en castelán