Monseñor Barrio presidiu en San Marcos a Eucaristía da Pascua do Enfermo

O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu este domingo a Misa do Enfermo na capela da residencia das Hermanitas dos Anciáns Desamparados de San Marcos. A celebración eucarística enmarcábase nos actos organizados para a Pascua do Enfermo. Como se sabe, as familias dos enfermos eran o obxectivo deste ano para a Xornada Mundial do Enfermo, unha campaña que en España ten dous momentos: o 11 de febreiro, festividade da nosa Señora de Lourdes, Día do enfermo, de carácter mundial; e o 6 de maio a Pascua do enfermo.

Con esta Campaña preténdese, entre outros fins, reclamar a atención sobre o importante papel que a familia ten na atención ao enfermo, e dar a coñecer as necesidades que lle xorden na situación de enfermidade. Ademais de promover a axuda ás familias, nas parroquias e hospitais, a fin de que poidan desempeñar ese papel insubstituíble na atención ao enfermo.

Por outra banda, a XXXVIII peregrinación a Lourdes organizada pola Hospitalidade diocesana realizarase este ano do 17 ao 21 de maio e prevese alcanzar os 500 participantes entre voluntarios, peregrinos, enfermos e sacerdotes. Estará presidida polo bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González.

Versión en castelán