Monseñor Barrio presidirá este domingo as ordenacións de tres novos sacerdotes na igrexa de San Martín Pinario

  • O acto litúrxico terá lugar a partir das 18:00 horas do día 7 de xullo

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo domingo día 7 de xullo a solemne Eucaristía na que serán ordenados sacerdotes Eduardo Amado Brea, Santiago Telmo Dopazo e Damián Vidal Bouzas. A cerimonia terá lugar a partir das 18:00 horas dese domingo 7 de xullo na Igrexa do Mosteiro de San Martín Pinario. Ao longo destas últimas semanas, o Seminario Maior ha estado ultimando os preparativos das Sacras Ordes que recibirán os candidatos. Hoxe martes, o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, presidiu o xuramento dos candidatos, un acto no que os futuros sacerdotes fan profesión de fe e das súas promesas sacerdotais, requisito previo á súa ordenación. Estivo presente tamén o reitor do Seminario Maior, Carlos Álvarez, acompañado polo director espiritual, Ricardo Vázquez Freire.

Versión en castelán