Monseñor Barrio presidirá a Eucaristía de inicio do Capítulo Provincial dos Franciscanos de Santiago

A Provincia Franciscana de Santiago, cuxa labor pastoral e evanxelizadora desenvólvese principalmente en Galicia, tanto na Diocese de Santiago como nas demais dioceses galegas; ademais en Salamanca e nas Misións de Venezuela, Marrocos e Terra Santa; celebra a partir do luns día 29 do presente mes de abril e ata o sábado 4 de maio, o seu Capítulo Provincial.

O Capítulo Provincial é a Asemblea que, cada tres anos, se reúne para valorar a marcha das Fraternidades da Provincia, avaliar a súa tarefa pastoral e evanxelizadora e para tomar as decisións que marcarán o funcionamento das devanditas fraternidades de fronte ao futuro; ademais de constituír as fraternidades que asumirán ditas tarefas nas respectivas Casas-Conventos. Por outra banda, o presente Capítulo é tamén “electivo”, debido a que nel deberase elixir o “Ministro Provincial”, que dirixirá os destinos da Provincia durante o próximo sexenio, e o seu “consello” (os 5 irmáns, Vigairo e Definidores Provinciais que colaborarán con el na tarefa de goberno). A elección do novo Provincial e o seu Consello desenvolverase durante o xoves 2 de maio.

O Capítulo será presidido polo Irmán Fr. Emilio Rocha Grande, da Provincia Franciscana da Inmaculada, que foi designado no seu momento polo Goberno Xeral da Orde como “Visitador Xeral” e “Presidente do Capítulo”, para acompañar as tarefas previas ao Capítulo, o desenvolvemento do mesmo e as decisións que terán que tomarse despois do mesmo. Participarán, así mesmo, 30 irmáns da Provincia, 15 deles por razón do seu cargo, e outros tantos elixidos como representantes polos todos os membros da Provincia Franciscana.

Durante o desenvolvemento do Capítulo contaremos coa presenza do noso Arcebispo, Rvdmo. Mons. Julián Barrio Barrio, que, o luns 29 ás 8,30 presidirá a Eucaristía de apertura dos labores capitulares. Así mesmo, acompañaranos na Eucaristía vespertina do martes 30 de abril o noso Bispo Auxiliar Rvdmo. Mons. Jesús Fernández. Finalmente, o mércores 1 de maio acompañaranos na celebración da Eucaristía o irmán da nosa Provincia Rvdmo. Mons. José Rodríguez Carballo, OFM, Arcebispo Secretario da CIVCSVA.

O Capítulo Provincial deste ano ten como lema: “Analizar con fe o presente, abrirse con esperanza ao futuro”, exprésase así o desexo de que a análise que se realice da realidade da nosa Provincia Franciscana sexa feito desde a inspiración do Espírito, e que as decisións que nel se tomen sexan realizadas desde a esperanza no Señor, que acompaña a nosa vocación de servidores do Evanxeo ao estilo de Francisco de Asís.

Versión en castelán