Monseñor Barrio presidirá mañá a Asemblea Diocesana de final de curso pastoral

  • A cita terá lugar este 8 de xuño no Seminario Menor compostelán a partir das 10:00 horas

 O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá mañá sábado a asemblea diocesana de final de curso pastoral. Xa hai unhas semanas, o arcebispo convidaba os diocesanos nun vídeo publicado na páxina web da Arquidiocese (www.archicompostela.es) a participar nesta cita, que terá lugar a partir das 10:00 horas no Seminario Menor compostelán.

Será precisamente o arcebispo quen teña a primeira intervención na devandita asemblea, en cuxo desenvolvemento haberá un forte compoñente testemuñal sobre o tema central do encontro, que vai xirar sobre o anuncio do evanxeo da santidade. Unha seglar, unha persoa consagrada e un sacerdote ofrecerán o seu testemuño persoal de vivencia da chamada á santidade.

Unha reunión por grupos, unha sesión de traballo dos responsables da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP) e un xantar compartido darán paso, posteriormente a unha serie de testemuños sobre a vida sacramental.

Versión en castelán