Monseñor Barrio presidirá un solemne funeral polo eterno descanso das vítimas da pandemia en Galicia, xunto aos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago

  • A cerimonia terá lugar este sábado día 13 de xuño na compostelá Igrexa de San Francisco a partir das 12:00 horas

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo sábado, día 13 de xuño, un solemne funeral polo eterno descanso das vítimas en Galicia da pandemia do coronavirus. A cerimonia terá lugar a partir das 12:00 horas na Igrexa de San Francisco. Concelebrarán co arcebispo todos os bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. Ao acto asistirán familiares dos falecidos como consecuencia do Covid 19 e distintas autoridades civís, encabezadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O templo terá, de acordo cos protocolos establecidos, un aforo limitado para garantir o cumprimento das medidas de separación entre persoas. Televisión de Galicia ten previsto retransmitir a cerimonia relixiosa.

Versión en castelán