Monseñor Barrio lembra que o diñeiro do “óbolo de San Pedro” se destina ás vítimas de guerras e catástrofes naturais, a refuxiados e a emigrantes

Nunha Carta Pastoral, o arcebispo de Compostela, monseñor Julián Barrio, lembra que a colecta deste próximo domingo día 26 de xuño, a chamada do “óbolo de San Pedro”, estará dirixida, entre outras finalidades, “ás vítimas de guerras e catástrofes naturais, a refuxiados e a emigrantes, ás estruturas dalgunhas comunidades católicas e aos centros sanitarios en países pobres. O Esmoleiro do Papa realiza esta misión”. Monseñor Barrio explica que coincidindo coa solemnidade dos apóstolos san Pedro e san Paulo, a Igrexa celebra esta Xornada pola Caridade do Papa. O arcebispo compostelán convida a todos os diocesanos a contribuír coa súa achega económica, “segundo as vosas posibilidades” e explica que “a Diocese enviará ao Papa esta colecta que, a través del, chegará a moitas persoas, reflectíndose esa proxección universal que ten toda acción da Igrexa”.

Versión en castelán