Monseñor Barrio lembra que a vida familiar «está bendicida por Deus»

  • O arcebispo presidiu este domingo a Misa da Sagrada Familia

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidiu este domingo a Eucaristía da festa da Sagrada Familia, unha cita á que acudiron numerosas familias de distintos lugares da diocese. O acto tivo lugar na compostelá Igrexa de San Francisco. Don Julián agradeceu a asistencia das familias e dixo que «ser familia e actuar en familia implica xestar día a día a acollida na convivencia». A vida familiar, indicou, «está bendicida por Deus».

O arcebispo aludiu á dignidade dos lazos familiares, ao lembrar que «Xesús, nacido en Belén, ten unha familia humana, modelo para todas as familias». Monseñor Barrio comentou que «María e Xosé están ao servizo do Neno Deus que se tomou en serio facerse home e asumiu as súas tradicións, costumes, crenzas, cultura e valores».

Don Julián pediu atención e compromiso para axudar as familias con problemas e para afrontar os novos retos expostos á familia como institución.

«Pidamos», sinalou, «á Sagrada Familia buscar hoxe unha revitalizada espiritualidade que sosteña e dea esperanza ás familias». «As vosas casas», indicou, «han de ser fogares da luz que brillou en Belén e que necesita hoxe a nosa sociedade».

Versión en castelán