“Ser cristián é ser moderno e posibilita facer unha lectura crente da realidade”. Así se dirixiu o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, aos peregrinos de Acción Católica Xeral (ACG) que fixeron o Camiño de Santiago e aos asistentes á III Asemblea desta organización. O acto desenvolveuse na Praza do Obradoiro e congregou a unhas mil cincocentas persoas.

Monseñor Barrio díxolles aos peregrinos: “Chegades desde distintas dioceses. É posible que esteades fisicamente cansos, pero non hai espazo en vós para a fatiga espiritual. Como peregrinos da fe e testemuñas de Cristo resucitado  fostes descubrindo cada día novos horizontes na vosa relación con Deus, tomando conciencia de todas aquelas cousas superficiais e accesorias que pesan na mochila da nosa existencia e das que podemos e debemos prescindir para camiñar lixeiros. A pesar das incomodidades propias do peregrinar a sede de Deus alumouvos para atopar a fonte que mana e corre aínda que sexa de noite. Tede plena confianza en quen é “o Camiño, a Verdade e a Vida”!

Versión en castelán