Monseñor Barrio visita este domingo as parroquias de Santa María de Añá, San Martiño de Ledoira e Santa Mariña de Gafoi

Coa visita pastoral este domingo, día 19 de xaneiro. do arcebispo, monseñor Julián Barrio, ás parroquias de Santa María de Añá (10:30 horas), de San Martiño de Ledoira (12:00 horas) e de Santa Mariña de Gafoi (17:00 horas), en Pontecarreira, poñerase fin ás visitas que o arcebispo compostelán veu realizando a todas as parroquias do Arciprestado de Barbeiros, unha zona eminentemente rural da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Os actos que se foron realizando en todas estas visitas foron diversos: reunión cos fieis adultos, reunión con nenos de catequeses, cos seus pais e nais, cos mozos que se preparan para a Confirmación, visita a enfermos ou anciáns. Nalgunhas das visitas houbo tamén ocasión de compartir cea ou chocolatada. Sendo sempre central no programa da visita pastoral a celebración da Eucaristía, como lembra o vigairo de Santiago, José Antonio Seoane.

Con estas tres visitas deste próximo domingo culmínase a serie de visitas que realizou o arcebispo ao longo dos meses de novembro e decembro no Arciprestado de Barbeiros.

Versión en castelán