Monseñor Fernández informa os sacerdotes sobre as asembleas de inicio de curso a celebrar por Vigairías

  • Nelas presentarase o curso pastoral

“Seguindo o Plan 2017-2020 e a icona dos discípulos de Emaús, baixo o lema “E levantándose… volvéronse a Xerusalén” (Lc 24, 33), para o próximo curso propoñémonos como obxectivo xeral a rexeración das comunidades,  especialmente a través do exercicio da sinodalidade e da corresponsabilidade na acción caritativa e social”. Así o indica nunha carta remitida aos sacerdotes e diáconos o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, na que informa, entre outras cuestións, sobre o calendario de presentación do próximo curso pastoral.

“Así, co fin de dar a coñecer o Programa pastoral diocesano 2019-20 e das accións máis importantes que contempla, entre as que está a formación laical, celebraremos a Asemblea xeral de comezo de curso, neste caso por vigairías, e segundo o seguinte plan”, sinala o bispo auxiliar:

  • A Coruña: Día 18 de setembro do 2019, ás 20:30 h., no Fogar Sta. Margarida (poderase aparcar o coche no patio).
  • Santiago: Día 20 de setembro de 2019, ás 20:30 h., na Casa Diocesana de Exercicios
  • Pontevedra: Día 23 de setembro de 2019, ás 20:30 h., nas MM. Calasancias

Ademais, este próximo luns día 9 de setembro a Casa de Exercicios Diocesana acollerá unha reunión de vigairos e delegados, na que se realizará unha presentación do Programa pastoral diocesano para este curso que se inicia agora. Monseñor Fernández lembraba a vigairos e delegados que «a diferenza doutros anos, nesta ocasión as programacións de cada institución incorporaranse ao Boletín Oficial do Arcebispado”. A cita é ás 10:30 horas.

Na dita carta, igualmente, o bispo auxiliar lembra a visita das reliquias de santa Bernadette e asegura que este acontecemento exponse “como unha oportunidade para impulsar a devoción á Virxe María e á Santa; tamén para coñecer o feito da peregrinación ao Santuario de Nosa Sra. de Lourdes e impulsar a Pastoral da Saúde”.

Monseñor Fernández alude, así mesmo, na súa misiva á celebración do I Encontro Diocesano de familias e noivos, que se realizará o día 21 de setembro no Seminario Menor de Santiago. “Xogámonos o futuro”, sinala o bispo auxiliar.

Por outra banda, o Vigairo Xeral-Moderador de Curia, Víctor Maroño, informou aos arciprestes da celebración dunha reunión para o día 18 de setembro co arcebispo, monseñor Julián Barrio. O encontro terá lugar ás 10:30 horas.

 

Versión en castelán