Nadal na Catedral

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu na Catedral de Compostela as celebracións litúrxicas de Nadal: a tradicional Misa de Medianoite e a Eucaristía do día 25. A solemnidade da celebración acompañouse da alegría propia do nacemento do Neno Deus e nas súas homilías o arcebispo convidou a todos a meditar neste misterio do amor dun Deus que se encarna para facerse un de nós.

Ofrecemos ambos os textos para axudar na meditación estes días.

 

Versión en castelán