Noiteboa na Catedral de Santiago

O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, presidiu na catedral de Santiago a Misa do Galo na Noiteboa. Varios centos de persoas acompañaron o arcebispo nesta festiva celebración do Nacemento do Neno Deus. “Adoramos a Palabra feita carne”, dixo monseñor Barrio. “Non teñamos medo”, afirmou, “a que o Neno Deus nos vexa! El veu restaurar a humanidade conforme aos designios de Deus. Coa súa vinda todo recupera a súa beleza e a súa dignidade, o ceo e a terra tócanse e Deus comparte a nosa condición humana. Ninguén está excluído desta felicidade. Permitamos que a tenrura do Neno Deus nos toque o corazón e abrande as durezas que nos fan insensibles a Deus e distraídos ante as necesidades dos demais”.

 

Versión en castelán