Nota dos Bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago ante a Solemnidade de San Xosé

A persoa e a vida de San José teñen na historia da nosa salvación unha importancia que foi recoñecida sempre pola sagrada Liturxia e as leis canónicas ao propoñer a súa festa como día de precepto (cf. canon 1246). Tradicionalmente o pobo cristián secundou esta norma dando un significativo realce familiar e social á festa do 19 de marzo.

Atendendo a que o 19 de marzo deste ano coincide en domingo, a Conferencia Episcopal Española decidiu trasladar ao luns 20 de marzo, a festividade litúrxica de San José. A pesar de ser laborable este día na Comunidade Autónoma de Galicia, os Bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago acordamos manter nas Dioceses respectivas o carácter festivo deste día.

En consecuencia, e para coñecemento dos fieis, dispoñemos:

  1. Manter o 20 de marzo, solemnidade de San Xosé, como festa de precepto, coa obrigación de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil.
  2. Aqueles  fieis  que  teñan  xornada  laboral  ordinaria  quedan  dispensados  do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San José, Esposo da Virxe.
  3. Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que informen os fieis con antelación destas decisións e acomoden no posible os horarios de misas ás posibilidades e necesidades dos fieis.
  4. Seguindo  o  calendario  litúrxico,  a  Solemnidade  de  San  José  celebrarase unicamente ao longo do día 20 de marzo.
  5. Por  razóns  pastorais,  a  oración  e  a  colecta  para  o  Seminario  Diocesano trasládanse á tarde do sábado, día 18, e ao domingo, día 19 de marzo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017.

+ Julián, Arcebispo de Santiago.
+ Luis, Bispo de Tui-Vigo.
+ Alfonso, Bispo de Lugo.
+ José Leonardo, Bispo de Ourense.
+Luis Ángel cmf, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
+ Jesús, Bispo Auxiliar de Santiago.

 

Versión en castelán