Nota informativa da Novena en honra de San Xosé

A Igrexa conventual das Madres Mercedarias Descalzas acollerá desde o día 11 ao 19 de marzo a solemne Novena en honra de San Xosé.

A novena desenvolverase ao longo deses días a partir das 19:00h. e iniciarase coa Exposición do Santísimo, o rezo do Rosario e a Novena. A continuación, celebrarase a Santa Misa (19:30h).

O sacerdote, José Andrés Fernández Farto, Capelán da Comunidade e Secretario da Provincia eclesiástica de Santiago será o encargado da predicación da Novena.

día 19 de marzo haberá misas ás 8.15 horas e ás 19.30 horas da tarde. A Misa solemne celebrarase ás 12.00 horas.

Versión en castelán