Nota dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago ante a solemnidade de San Xosé

A persoa e a vida de San Xosé teñen na historia da nosa salvación unha importancia que foi recoñecida sempre pola sagrada Liturxia e as leis canónicas ao propoñer a súa festa como día de precepto (cf. canon 1246). A Igrexa venérao con especial honra como patrón, a quen o Señor constituíu sobre a súa familia. Tradicionalmente o pobo cristián secundou esta norma dando un significativo realce familiar e social á festa do 19 de marzo.

Neste ano de 2018, este día foi declarado laborable na Comunidade Autónoma de Galicia. Ante a necesidade de fixar claramente o tratamento que dita festa debe ter por parte da comunidade católica, os Bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago acordamos manter nas Dioceses respectivas o carácter festivo deste día.

En consecuencia, e para coñecemento dos fieis, dispoñemos:

  1. Manter  o  19  de marzo, solemnidade  de San Xosé,  festa  de precepto, coa  obriga de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil.

  2. Aqueles fieis que  teñan  xornada  laboral  ordinaria  quedan  dispensados do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé, Esposo da Virxe.

  3. Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que informen os fieis con antelación destas decisións e acomoden no posible os horarios de misas ás posibilidades e necesidades dos fieis.

  4. Ao coincidir a celebración do Día do Seminario coa festividade de San Xosé, a oración e a colecta para o Seminario Diocesano serán trasladadas a  a tarde do sábado, día 17, e ao domingo, día 18 de marzo.

  5. Seguindo o calendario litúrxico, a Solemnidade de San Xosé celebrarase unicamente ao longo do día 19 de marzo.

+ Julián, Arcebispo de Santiago.
+ Luís, Bispo de Tui-Vigo.
+ Alfonso, Bispo de Lugo.
+ José Leonardo, Bispo de Ourense.
+Luís Anxo cmf, Bispo de Mondoñedo-Ferrol.
+ Jesús, Bispo Auxiliar de Santiago.

Versión en castelán