Nova reunión de traballo dos bispos galegos e do norte de Portugal en Vigo

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, participou este martes en Vigo nunha reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago e os prelados da Provincia Eclesiástica de Braga. Trátase dunha das reunións habituais dos bispos de Galicia e da rexión norte de Portugal, na que se intercambian experiencias pastorais e se tratan diversos asuntos de interese común, por exemplo a evanxelización da mocidade.

Asistiron ao encontro o arcebispo de Braga e os bispos, titulares ou auxiliares, de Aveiro, Porto, Bragança, Coimbra, Vila Real, Viseu e Viana do Castelo, ademais dos seis bispos das dioceses galegas: D. Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela, e o seu bispo auxiliar, D. Jesús Fernández; o bispo de Lugo, D. Alfonso Carrasco; o de Ourense, D. Leonardo Lemos; o bispo de Mondoñedo-Ferrol, D. Luís Anxo das Heras, e o anfitrión, D. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo.

Versión en castelán