Nova sesión, online, do Sínodo Diocesano de Mozos

Este sábado recuperábase o Sínodo Diocesano de Mozos que o señor arcebispo convocou o pasado curso con motivo parello ao do Sínodo de Mozos en Roma do 2018.
Despois dunha única sesión presencial, e paralizadas as seguintes pola situación de pandemia, reactivouse de maneira telemática coa presenza duns 50 representantes de toda a diocese.

Nunha reunión que durou ao redor de dúas horas houbo momentos de oración, de testemuños de mozos e as súas vivencias pastorais en pandemia, de compartir en pequenos grupos, e tamén momento de escoitar ao arcebispo, que lembraba aos mozos a súa importancia na diocese e convidándoos a «volver á fonte» para vivir unha mocidade do corazón e en Jesús

Versión en castelán