Novo servizo de comunicación da Arquidiocese de Santiago de Compostela: WhatsArchicompostela

Coincidindo coa Xornada Mundial das Comunicacións, que se celebra esta fin de semana, a Delegación de Medios da Arquidiocese de Santiago de Compostela pon en marcha unha nova canle de comunicación: a aplicación de mensaxería WhatsApp. Desta forma faise moi fácil acceder á información e coñecer a actualidade da Igrexa diocesana.

WhatsApp é o servizo de mensaxería instantánea máis utilizado do mundo, con 1.000 millóns de usuarios activos ao mes e unha media de 30.000 millóns de mensaxes enviadas ao día.

Esta nova canle ten unha dobre finalidade: por unha banda, recibir información: os usuarios que se dean de alta poderán recibir as noticias máis destacadas, ligazóns a vídeos e audios do arcebispo, etc.; e por outra banda, enviar información: os usuarios poderán enviar textos e imaxes das celebracións ou actos das parroquias, comunidades relixiosas, grupos de animación, etc. para a súa publicación na páxina web de Pastoral Santiago (www.pastoralsantiago.org).

As persoas que se dean de alta entrarán a formar parte dunha lista de difusión (non dun grupo). Destas forma, os destinatarios non saben a quen máis se enviou a noticia e, por tanto, non se poden comunicar entre elas senón soamente co que emisor, preservándose así a privacidade dos números.

¿Como darse de alta?

Existen dúas formas para darse de alta:

  • Engadindo o número 669629624 aos contactos de móbil e enviado un WhatsApp coa palabra ‘ALTA’, seguida do nome e apelidos.
  • Utilizando este formulario www.archicompostela.es/whastapp

¿Como darse de baixa?

  • Poderase cancelar a subscrición sempre que se queira, enviando un WhatsApp coa palabra ‘BAIXA’, seguida do nome e apelidos.

Con esta nova ferramenta, en palabras do seu delegado, Manuel Á. Blanco, a Diocese aumenta da súa aposta informativa no ámbito dixital e pon ao servizo dos diocesanos unha nova vía de comunicación atendendo á actualidade e ás novas esixencias do mercado dixital.

Versión en castelán