Novos candidatos ao sacerdocio

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, presidirá o vindeiro martes 18 de decembro, a solemne eucaristía na que tres seminaristas iniciarán o camiño cara ao sacerdocio. Mateo Augado Domínguez, Ernesto Antonio Gómez Juanatey e Mario Agustín Pérez Moya, recibirán o Rito de Admisión ás sacras ordes do Diaconado e Presbiterado.

O acto celebrarase na capela do Seminario Maior ás 19h. Tamén asistirá o bispo auxiliar, mons. Jesús Fernández.

Versión en castelán