O arcebispo, cos mozos da Delegación de Infancia e Xuventude

O arcebispo, monseñor Julián Barrio, acompañou este pasado mércores os mozos integrantes da Delegación de Infancia e Xuventude no seu primeiro acto do curso 2019/2020. Tratábase da Eucaristía que presidiu D. Julián na Capela Universitaria, lugar de celebración da xa tradicional Tenda do Encontro que se desenvolve ao longo do curso todos os mércores, a partir das 20:30 horas. “En setembro todo son novidades e de novo arrinca a oración universitaria”, dicía a convocatoria. “Celebraremos a Eucaristía, teremos quenda de testemuños e compartiremos unha rica cea xuntos”, sinalábase.

Este verán, mozos da Delegación de Infancia e Xuventude realizaron tarefas de acollida a peregrinos en Portomarín e posteriormente algúns deles participaron na experiencia “Buscando o Norte”, un percorrido por distintos lugares da xeografía española, marcados pola presenza de santos e mártires. Esta pasada fin de semana acompañaron, ademais, a unha moza coruñesa que ingresou no convento das clarisas de Cantalapiedra.

O calendario de actividades da Delegación de Infancia e Xuventude é o seguinte:

Setembro

21.- Encontro Diocesano de Familias

28.– 1ª Xornada sobre o dó en Galicia. Ap. Segrar

30.- 1ª Reunión preparación Vixilia da Inmaculada. Ribeira

 

Outubro

3 – 6 Encontro Nacional Delegados de Pastoral Xuvenil

11- Tenda do Encontro na Coruña

11- 13 Convivencia Vocacional na Raíña

19.- Unha Luz na Noite

20.- Domingo Inquieto en Santiago

25.- Venres Inquieto na Coruña

26.- Convivencia na Raíña

26.- Convivencia no Morrazo

 

Novembro

31- 3.- Exercicios Espirituais para a mocidade en Bañobre

31-3. –Encontro Nacional Mocidade. Renovación Carismática Católica

8.- Venres Inquieto na Coruña

9.- Convivencia Postmarcos

10.– Domingo Inquieto en Santiago

11 -14.- Semana Cinema Espiritual

16.- Convivencia na Raíña

22- 24 Curso Nacional para Mozos/as Evanxelizadores. Valladolid

23.- Congreso Diocesano de Laicos

 

Decembro

6.- Vixilia da Inmaculada – Xornada Diocesana de Mozas

13.- Tenda do Encontro na Coruña

21.– Unha Luz na Noite

 

Xaneiro

10.- Tenda do Encontro na Coruña

18.- Convivencia na Raíña

24.– Venres Inquieto na Coruña

26.– Domingo Inquieto en Santiago

 

Febreiro

1.- Xornadas de Pastoral de Escolas Católicas

8.- Convivencia Postmarcos

8.- Convivencia no Morrazo

14.- Tenda do encontro na Coruña

14- 16.– Congreso Nacional de Laicos

15.- Convivencia na Raíña

16.- Domingo Inquieto

21 -25.- Peregrinación Nacional de Mozas Fátima

28.- Venres Inquieto na Coruña

29.- Convivencia Franciscana na Faba

29.- 1ª Sesión Sínodo Diocesano da Mocidade

 

Marzo

7.- Unha Luz na Noite

13.– Tenda do Encontro na Coruña

15 ou 22.– Domingo Inquieto en Santiago

21.– Convivencia na Raíña

27.- Venres Inquieto na Coruña

28.- 2ª Sesión Sínodo Diocesano da Mocidade

28.– Encontro Post-comuñón Arousa

 

Abril

5 -12.- Camiño de Santiago

17.– Tenda do Encontro na Coruña

18.- 3ª Sesión do Sínodo Diocesano da Mocidade

18.- III Atopo Movementos e Asociacións de Ap. Segrar

24 -26.- Pascua Xoven

25.– Convivencia no Morrazo

 

Maio

1.- Encontro Diocesano de Nenos

8.- Tenda do Encontro na Coruña

9.– Convivencia Costa da Morte

9.– Convivencia na Raíña

9 – 13.- Peregrinación Diocesana a Lourdes

 

Xuño

6.- Unha Luz na Noite

19 – 21.- Finde universitarios

27.– Coordinadora Diocesana de Pastoral Xuvenil

Versión en castelán