Bispos de Galicia e norte de Portugal reúnense este martes en Vigo

  • Case unha vintena de prelados celebran o seu encontro anual no Bispado

Os Bispos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela e de Braga compartirán este martes un encontro fraterno na sede do Bispado de Tui-Vigo (r/ Doutor Corbal, 90). Trátase dunha reunión que comezará ás 11:00h. na que se intercambiarán experiencias pastorais e se tratarán diversos asuntos como a evangelización da mocidade.

Prevese a asistencia do arcebispo de Braga e dos bispos, titulares ou auxiliares, de Aveiro, Porto, Bragança, Coimbra, Vila Real, Viseu e Viana do Castelo, ademais dos seis bispos das dioceses galegas: D. Julián Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela, e o Bispo auxiliar, D. Jesús Fernández; o bispo de Lugo, D. Alfonso Carrasco; o de Ourense, D. Leonardo Lemos; o bispo de Mondoñedo-Ferrol, D. Luís Anxo das Heras, e o anfitrión, D. Luís Quinteiro, Bispo de Tui-Vigo.

Versión en galego

Versión en castelán