Pastoral de mons. Barrio no Día diocesano das persoas con discapacidade

  • “O Día diocesano das persoas con discapacidade axudaranos, por tanto, a entrar de maneira determinante nesta dinámica do Advento”.

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, acaba de publicar unha carta pastoral con motivo de celebrarse, este próximo domingo 2 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A xornada coincide co primeiro domingo de Advento, o que reforza a chamada de atención que se nos fai para que sexamos, cada día máis, unha Igrexa de acollida, sempre atenta aos máis necesitados, que son os favoritos de Deus.

O lema escollido este ano é “Que todos sexamos diferentes é en grao sumo normal”. Con el quérese incidir en que “a normalidade da vida atópase na diversidade e a diferenza. A discapacidade é un factor de diversidade e pluralidade, e por tanto, de enriquecemento para a Igrexa”, afirma o arcebispo na súa carta. “O normal e ordinario na Igrexa e tamén na sociedade sería ter presente, acoller e darlles o lugar que lles corresponde ás persoas con discapacidade, pois aínda son moitas as barreiras que llo impiden”.

Mons. Barrio lembra que sen os irmáns máis fráxiles á Igrexa faltaríanlle precisamente os primeiros na consideración de Jesús, “que sempre se preocupou dos máis pequenos, dos últimos, dos que máis necesitados e desfavorecidos”.

Versión en castelán