Pastoral de Mons. Barrio por unha nova campaña de Mans Unidas

Mans Unidas lanza hoxe a súa nova campaña contra a fame e as súas causas nos países empobrecidos do mundo. Nesta ocasión baixo o lema “Cremos na igualdade e na dignidade das persoas”. Con este motivo o arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, publica unha carta pastoral. Nela denuncia que “hoxe a fame segue sendo noticia cando 820 millóns de persoas están a padecer esta realidade e 1.300 millóns atópanse na pobreza, sendo tristemente protagonistas os rostros de nenos e de mulleres”.

Na súa misiva o arcebispo recoñece os esforzos que se fixeron para salvagardar os dereitos humanos, “un ben básico e inalienable”. Pero tamén que na actualidade hai no noso mundo moitas persoas privadas deses dereitos básicos, “como as que pasan fame”. Por iso insiste en que “traballar polo ben común é unha chamada á solidariedade e á opción preferente polos pobres”. Neste sentido, lembra a pasaxe do Xuízo Final de Mt 25, 35ss: “tiven fame e déstesme para comer… Conclúe mons. Barrio que ”se queremos ter os mesmos sentimentos de Cristo, habemos de facer unha opción clara polos pobres, poñendo a nosa atención neles e considerándolles como a nós mesmos”, porque “cando nos atopamos cos pobres e necesitados estamos a atoparnos co noso propio xuíz”.

Versión en castelán