O prazo para inscribirse e participar en agosto na Asemblea de Acción Católica Xeral en Santiago péchase o 23 de xuño

A III Asemblea Xeral de Acción Católica Xeral (ACG) celebrarase en Santiago de Compostela do 3 ao 6 de agosto. Trátase dun encontro de laicos de parroquias que, baixo o lema “Saír, camiñar e sementar sempre de novo”, pretende constituírse nun espazo no que os laicos colaboradores nas parroquias poidan reflexionar xuntos sobre a súa vocación, a súa misión e o seu anuncio do Evanxeo a todos os homes.

A ACG lembra que todos estamos chamados a ser “discípulos misioneiros” e que todos, homes e mulleres, desde o encontro con Cristo e a vida en Espírito, oran e traballan pola construción do Reino de Deus.

As modalidades para inscribirse na asemblea son as seguintes (todas elas inclúen inscrición+aloxamento+comida):

  • A1 (aloxamento en pavillón): 80 euros
  • A2 (aloxamento en albergue): 135 euros
  • A3 (aloxamento en hotel/individual): 235 euros
  • A4 (aloxamento en hotel/dobre): 180 euros
  • A5 (sen aloxamento): 90 euros

Hai prezos especiais para familias. Para facilitar a participación de familias con nenos, ACG ofrece:

  • Nenos de 0 a 6 anos: inscrición gratuíta
  • Nenos de 7 a 13 anos: pagarían a metade
  • De 14 anos en diante: pagarían a totalidade

As opcións de inscrición son:

* Menores de 18 anos:

  • De 0 a 6 anos. Grupo gardería. O aloxamento será coas súas familias.
  • De 7 a 13 anos. Grupo nenos. Aloxamento en A1 ou coas súas familias
  • De 14 a 17 anos. Grupo +Novos. Aloxamento en A1

* Maiores de 18 anos.

  • Poden optar a calquera tipo de inscrición: A1, A2, A3, A4 e A5

O prazo de inscrición para asistir á asemblea está aberto ata o día 23 de xuño. Os interesados poden atopar toda a información e o procedemento de inscrición na web de ACG: www.accioncatolicageneral.es

Versión en castelán