Presentación e preparativos da Peregrinación Europea da Mocidade (PEJ 21) no próximo Ano Santo Compostelán

O vindeiro mércores día 22 de xullo o arcebispo de Santiago de Compostela participará nunha rolda de prensa na que se informará sobre os preparativos da Peregrinación Europea da Mocidade (PEJ), unha das citas fortes do Ano Santo Compostelán 2021. Estarán presentes na rolda de prensa xunto ao arcebispo, o responsable da organización da PEJ 21 a nivel nacional, o sacerdote Raúl Tinajero, secretario técnico da subcomisión de Mocidade e Infancia da Conferencia Episcopal Española, así como o delegado diocesano de Infancia e Mocidade, o sacerdote Javier García.

A rolda de prensa terá lugar ese día 22 de xullo ás 11:00 horas na Sala San Filipe Neri do Seminario Maior compostelán.

No curso da rolda de prensa presentarase o himno, o logo e o cartel deste encontro, que reunirá en principio en Santiago de Compostela a varios miles de mozos e mozas entre o 4 e o 8 de agosto de 2021, tras realizar os días previos, en distintos grupos, o roteiro de peregrinación cara á tumba do Apóstolo.

Versión en castelán