Programa Pastoral Diocesano 2018-2019

LEMA: <<Sentado á mesa con eles…>> (Lc 24, 30). O ministerio da santificación.

OBXECTIVO XERAL

Promover unha celebración da fe consciente, comunitaria e activa, unha piedade popular evanxélica e unha oración fervente no contexto dunha Igrexa comuñón.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Primeiro: Coidar as celebracións litúrxicas en xeral, e en particular a Eucaristía dominical, preparando ditas celebracións e as persoas que participan nelas.

Propostas operativas/ Accións

  1. Celebrar dignamente os sacramentos e preparar as persoas que os celebran
  • Ofrecer catequese aos fieis para que comprendan o sentido das celebracións, dos seus ritos, xestos e expresións.
  • Sacramentos da Iniciación cristiá. Dar a coñecer o novo Directorio diocesano da Iniciación cristiá e comezar a implantar os novos itinerarios.
  • Reconciliación. Facilitar a celebración da Penitencia fixando horarios e contando coa dispoñibilidade dos presbíteros.
  • Matrimonio. Destacar o seu carácter relixioso e impartir os tres modelos de catequese familiar propostos pola Comisión diocesana: o Itinerario de noivos, as Catequeses prematrimoniales, e o Acompañamento de matrimonios novos.
  • Exequias. Respectar o sentido do funeral en canto “celebración do misterio pascual, da comuñón dos santos e do sentido cristián da dor e da morte”.
  1. Destacar o seu carácter comunitario e o protagonismo de Xesucristo e da súa Igrexa, preparando o necesario para unha celebración digna: homilía, espazos celebrativos, monicións, lectores, cantos…
  • Organizar celebracións con participación de toda a comunidade, evitando o protagonismo persoal, e poñendo en exercicio diferenciadamente os diversos ministerios e funcións. A EDAP ofrecerá formación específica neste campo.
  • Crear equipos de animación litúrxica

 

Segundo: Apreciar no seu xusto valor e avivar as raíces cristiás das manifestacións da piedade popular: exercicios piadosos, festas e romarías…

Propostas operativas/ Accións

  1. Purificar e renovar as manifestacións de piedade popular
  • Eliminar todo aquilo que soe a maxia, superstición e mercantilismo
  • Actualizar a linguaxe de novenas e exercicios espirituais
  1. Promover a calidade celebrativa e evanxelizadora das celebracións nas festas populares e romarías
  • Evitar as misas encadeadas, incompletas, sen homilía, sen ambiente de recollemento…
  • Aproveitar a circunstancia para realizar un primeiro anuncio, destacar o sentido penitencial de toda peregrinación, subliñar a preeminencia da liturxia, etc.

 

Terceiro: Activar o espírito de oración e crear espazos para ela nas nosas comunidades cristiás.

Propostas operativas/ Accións

  1. Motivar e iniciar na oración
  • Ofrecer na EDAP e nas comunidades obradoiros de oración
  1. Abrir espazos de oración nas comunidades cristiás
  • Crear grupos de oración: “lectio divina”, oración eucarística, obradoiros de oración, etc.

 

Cuarto: Promover a comuñón e a corresponsabilidade na Igrexa

Propostas operativas/ Accións

  1. Desenvolver o sentido de pertenza á Igrexa diocesana
  • Participar nas celebracións diocesanas máis importantes: Asembleas, xornadas dos sectores en que se colabora, etc.
  • Colaborar na celebración do Día da Igrexa diocesana con algún xesto especial
  1. Promover a corresponsabilidade
  • Colaborar na elaboración, presentación e posta en práctica dos Programas pastorais.
  • Implantación progresiva das Upas sobre a base da comuñón e a corresponsabilidade.

 

Pintura de Caravaggio: “Os discípulos de Emaus”

Versión en castelán