Publicado Nº 39 Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Conscientes do momento histórico que atravesamos por mor da covid-19, neste número da Barca de Santiago queremos achegarnos a ese “monotema” que nos afectou nos últimos meses, ás diversas maneiras de vivir e formular esta nova realidade ou nova normalidade e albiscar a nova etapa pastoral que, dalgún xeito, tamén terán que verse renovadas.

Porque esta situación removeu as nosas vidas e, posiblemente, a nosa maneira de situarnos diante da realidade, tamen no plano pastoral. A principal pregunta que nos facemos moitos sería… “E agora, que?” “Como afrontamos estas novas circunstancias?”

Primeiro, toca botar unha ollada atrás e ter un recordo para as persoas que perderon a vida ou sufriron a enfermidade e para as súas familias. Tamén cómpre agradecer o labor desinteresado de tantas persoas que se solidarizaron cos máis desfavorecidos, a través de Caritas e doutras institucións. Sen esquecer a oración calada que tantas persoas elevaban ao noso Pai Creador no recollemento das súas casas.

Entre todos formamos esa Igrexa peregrina que non estaba oculta senón presente doutra maneira e unida en comuñón. “E agora, que?” Transfigurar as nosas vidas, lembrando a nosa fraxilidade e, coma crentes, reformular a nova evanxelización, que necesita de persoas de verdadeira fe, presentes no mundo para dar testemuño de Cristo Resucitado coa súa vida. Facelo presente na Comunidade unida que anuncia, celebra e comprométese nesta nova normalidade. Aquí e agora temos que seguir construíndo o reino de Deus.

Xuntos, temos que dar cabida a todas as realidades que xurdiron e xorden para levar a Vida e a Palabra de Xesucristo aos homes e mulleres de boa vontade que a queiran acoller no seu corazón. Non queremos esquecernos de D. Xesus, o noso Bispo auxiliar ata hai pouco, e desexarlle que sexa un bo pastor fiel e solícito na súa nova diocese de Astorga.

 

Páxina web da Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Barca de Santiago Nº 39 (PDF)

 

Unha gran proba e unha gran oportunidade
por D. Julián Barrio

Editorial: Marcados por unha pandemia
por Josecho Moldes

Un programa para a post-crise do Covid-19
por Mons. Jesús Fernández

Voces de Esperanza
por Delegación de Medios

Grazas polo seu testemuño e o seu tempo
por Javier Augado

Unha mirada ao mundo desde a pantalla
por Antonio Gutiérrez

A experiencia do COF diocesano durante o confinamento
por COF

Coronavirus experience
por Roberto Freire

Centro de escoita: Recomenzar
por Mª Jesús Rodríguez

“Tempo COVID”: un kairós
por Montse e Javier

O outro claustro: Benedictinas
por Monxas Benedictinas

O outro claustro: Carmelitas
por Monxas Carmelitas

O home do tempo do COVID
por José Fdez. Lago

O recuncho do confrade
por José Luis Viña

Tempo de esperanza esperanzada
por Frei Francisco Castro

O coronavirus non para a catequese
por Delegación de Catequese

Tres parámetros de planificación
por Fátima Noya

Principios da campaña “a catequesisno párase, queda en casa”
por Ana María Limes

Cáritas: Ao servizo dos máis necesitados
por Javier García

O día despois
por Javier García

Economato: O primeiro salvavidas
por Pilar Farjas

Iglesia serve: vento a favor
por Alfonso Fernández

A Capela Virtual da UP Milladoiro, Teo e Contorna
por Rafel Rodríguez

Ou traballo e a COVID-19
por Alfredo Losada

Versión en castelán