Publicado o Número 34 da Revista Diocesana “Barca de Santiago”

Finalizaba o ano 1992, ano de olimpíadas e expo, un ano marcado pola firma do tratado de Maastricht e o V Centenario do Descubrimento de América, cando San Xoán Paulo II nomea bispo auxiliar de Santiago e titular de Sasabe a Julián Barrio, sacerdote zamorano da Diocese de Astorga.

O 7 de febreiro do Ano Santo do 93 é consagrado bispo na SAMI Catedral de Santiago, comezando a súa misión nesta Diocese, primeiro como auxiliar e logo como Arcebispo sucedendo a Mons. Rouco desde o 5 de xaneiro do 96. Son 25 anos de servizo e entrega a esta Igrexa particular, guiado pola súa lema episcopal “in verbo tuo domine”.

25 anos marcados polos Anos Santos Composteláns, o Xubileu do 2000, a visita de Bieito XVI e o Sínodo Diocesano.

Unha época de profundas transformacións sociais e relixiosas, na que tivo que coller o temón e guiar a barca desta Igrexa compostelá.

Desde aquí a nosa felicitación neste XXV Aniversario. Que o Señor, que comezou en ti a obra boa, El mesmo lévea a termo.

 

Barca de Santiago Nº 34 (PDF)

SUMARIO

Mons. Ricardo Blázquez
Presidente de la Conferencia Episcopal Española

Mons. Antonio Rouco Varela
Cardenal arzobispo emérito de Madrid

Mons. Jesús Fernández González
Obispo auxiliar de Santiago de Compostela

Mons. Luis Quinteiro Fiuza
Obispo de Tui-Vigo

Mons. Leonardo Lemos Montanet
Obispo de Ourense

Fr. Santiago Agrelo
Arzobispo de Tanger

Mons. Salvador Domato
Director A.H.D.S.

José Fernández Lago
Canónigo lectoral Santiago de Compostela

Marcelino Agís Villaverde
Catedrático Filosofía, USC

José García Gondar
Párroco de Carballo y Unidad Pastoral

Pilar de Torre Luna
Catedrática Universidad Santiago

Javier García Sánchez
Periodista

María Pulleiro Oro
Directora General

Xosé Pumar Gándara
Sacerdote y escritor

 

Versión en castelán