Retiro da EDAP en Padrón

O sábado 16 de marzo, nun marco incrible, no convento dos Padres Franciscanos de Herbón, tivemos o retiro da EDAP de Padrón. O retiro estivo a cargo de Frei Miguel de la Mata, predicador desta Escola Diocesana de Axentes de Pastoral.

Partindo do texto de Nicodemo -quen debía de ser galego, porque a cada pregunta de Xesús, el contestaba con outra pregunta- tratamos o tema da Luz e a escuridade, que ten un gran significado para realizar o camiño coresmal que estamos a comezar.

Frei Miguel, fíxonos un percorrido pola Historia da Salvación, desde unha das manifestacións máis preciosas de Deus, que é a través da Luz. A idea é ver como entre nós mantense sempre viva esa tensión entre a Luz e a escuridade. Expúxonolo desde a medida en que a nós nos desafía, lembrándonos que a Luz non se manifesta, tan ás claras, como a nós nos gustaría.

A criatura máis bela para Deus, o ser humano, viu desde sempre, na Luz, o reflexo da gloria de Deus. Por iso os seres humanos teñen adorado sempre o que significa a Luz, sen esquecer que a escuridade é unha compañeira de camiño.

Versión en castelán