Reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio, presidiu hoxe en Compostela unha das habituais reunións dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet; o de Mondoñedo Ferrol, monseñor Luís Anxo de las Heras; así como o auxiliar de Compostela, monseñor Jesús Fernández González. No encontro, celebrado no Arcebispado compostelán, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Farto.

Versión en castelán