Reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago na véspera da Solemnidade do Apóstolo

Como vén sendo habitual na véspera da Solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio Barrio, presidiu hoxe a reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet; o de Mondoñedo Ferrol, monseñor Luís Anxo das Heras; así como o auxiliar de Compostela, monseñor Jesús Fernández González. No encontro celebrado no Arcebispado compostelán tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

Versión en castelán