Reunión de traballo de Apostolado Seglar co bispo auxiliar para preparar o próximo curso

A Delegación de Apostolado Seglar informa que o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, como Vicario de Pastoral,  convoca este próximo luns día 8 de xullo unha reunión para planificar o curso que vén. Para recoller suxerencias e escoitar o que os laicos de parroquias, movementos e asociacións demandan. Neste encontro pode participar algún laico cualificado, que veña en representación da súa parroquia, arciprestado, movemento ou grupo eclesial, así como os sacerdotes e relixiosas que pastoralmente traballan con seglares.

Os responsables de Apostolado Seglar indican que “é importante que se traian propostas e ideas, xa que é unha reunión de traballo na que é positivo achegar. Hai a posibilidade de quedar a comer avisando por whatsapp a Alfredo Losada ao 680.42.96.26 antes do 6 de xullo.

A reunión terá lugar na Casa de Exercicios Espirituais, este luns 8 de xullo, de 11:00 a 13:30 h. Nesta reunión tamén se falará das próximas actividades do CENTRO DE ESCUCHA que promoven as Delegacións de Pastoral da Saúde e Apostolado Seglar.

Neste sentido adiantan que se van a organizar as I XORNADAS SOBRE ACOMPAÑAMENTO NO DUELO, en Pontevedra, no Colexio Sacro Corazón, o sábado 28 de setembro. Contarase coa presenza de José Carlos Bermejo, director do Centro de Humanización da Saúde de Tres Cantos (Madrid); Sara Castro, do Centro de Escucha de Zamora; e de Valentín Rodil, responsable da  Unidade Móbil de Intervención en Crise e Duelo. Pola calidade dos relatores e a importancia de formar aos laicos neste tema, desde a Delegación de Apostolado Seglar animan a todos a darlle a maior difusión posible a esta iniciativa.

Ademais, na reunión do próximo luns, día 8, facilitarase a información máis recente sobre o CONGRESO NACIONAL DO LAICADO, que terá lugar en Madrid do 14 ao 16 de febreiro de 2020 e cuxo lema é

“Pobo de Deus en saída”. O arcebispo, monseñor Julián Barrio, reservou o sábado 23 de novembro de 2019 para facer en Santiago o ENCONTRO DIOCESANO previo ao Congreso Nacional.

Para complementar o traballo de reflexión nos grupos sobre os temas do Congreso, tamén o luns 8 presentarase a posibilidade de levar ás vosas zonas algunha actividade de TEATRO SOCIAL. Desde Apostolado Seglar cren que é importante difundir a Doutrina Social da Igrexa desde a formación que se vai a impartir na Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP) o próximo curso, así como desde o teatro, o cinema, a música ou a arte.

E, por último, destacar as seguintes actividades para este verán:

  • ENCONTRO DE LAICOS DE PARROQUIAS, organizado por Acción Católica Xeral, en Ávila, do 1 ao 4 de agosto. Destinatarios: laicos de parroquia de calquera idade (nenos, novos e adultos). Información e inscrición en www.accioncatolicageneral.es ou na nosa Arquidiocese, por whatsapp: Inma Tourís 625.22.64.32.
  • CURSO MOISÉS PARA FORMAR LÍDERES. Toda a información en www.laicosarchicompostela.com.
Versión en castelán