Reunión de vigairos, delegados e directores de secretariados diocesanos co bispo auxiliar para o día 6 de febreiro

O bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, convocou mediante unha carta aos vigairos, aos delegados e aos directores de secretariados da Diocese a un encontro para celebrar o vindeiro xoves, día 6 de febreiro, na Casa Diocesana de Exercicios. “Chega o momento”, afirma no seu escrito o bispo auxiliar, “de atoparnos para compartir fraternalmente, avaliar o traballo realizado e programar coordinadamente o futuro”.

A Orde do día para esta xornada será a seguinte:

11: 00 h.            Hora Intermedia

11: 15 h.            Saúdo e presentación do traballo

11: 30 h.            Reunión por Áreas de traballo

12: 30 h.            Descanso – Café

12: 50 h.            Posta en común, informacións e rogos e preguntas

14: 00 h.            Xantar

As tres cuestiones que se tratarán na reunión por Áreas son as que figuran a continuación tal e como indica monseñor Jesús Fernández González na súa carta:

1.- Avaliación provisional do curso para partir do Programa propio e do apoio prestado ao diocesano, en concreto respecto a a corresponsabilidade laical e ao exercicio da caridade.

2.- Proxectos de futuro de cada Delegación e posibles apoios á celebración do Ano Santo 2021.

3.- Propostas para a Asemblea final de curso (6 de xuño)

Versión en castelán