Retómanse as sesións do Sínodo Diocesano de Mozos

Como sabedes o ano pasado vímonos obrigados a pospoñer as sesións que estaban previstas do Sínodo Diocesano de Mozos convocado por Don Julián.

Pois ben: comezamos de novo!

A primeira sesión será de forma online e terá lugar o sábado 7 de novembro.

Estamos convocados os novos representantes dos diferentes Arciprestados, grupos, congregacións, movementos, proxectos… que participamos na primeira sesión. Enviarémosvos máis adiante a ligazón aos participantes para que vos poidades conectar.

Por iso apuntade na axenda que nos vemos online:

– Sábado 7 de novembro de 11.00 a 13.00h. Enviarémosvos a ligazón polo grupo para que vos poidades conectar.

Apuntade tamén as sesións que teremos con carácter presencial:

– Sabado 13 de marzo

– Sabado 10 de abril

Mentres tanto: non deixedes de rezar polo Sínodo!! E mantédevos atentos ao blogue e ás nosas reder porque iremos subindo a información.

Deixámosvos o vídeo resumo da última sesión para que lembredes o especial e cheo de Graza que foi ese día:

Fonte: depasxuventude.com

Versión en castelán