Solemnidade do Apóstolo Santiago 2018

Día 24 de xullo: ás 19:30 hs. Vésperas Solemnes. 

Preside o Excmo e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Don Julián Barrio Barrio.

Canta a Capela da Catedral, dirixida por Don Miro Moreira.

 

Día 25 de xullo: Solemnidade do Apóstolo Santiago

A partir das 10:00 h. Procesión do Padroado, desde a Porta de Praterías ata a Praza do Obradoiro.

Saúdo do Sr. Arcebispo ao Excmo. Sr. Oferente e ás autoridades e entrada solemne na Catedral.

10:30 h. SOLEMNE MISA PONTIFICAL

Ofrenda Nacional a cargo do Excmo. Sr. Don Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente do Parlamento de Galicia

Responderá o Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Don Julián Barrio Barrio.

Ao final da Misa solemne, funcionará o Botafumeiro e o Sr. Arcebispo impartirá a Bendición Apostólica.

Ás 14:00 h. xantar ofrecido polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, ao Excmo. Sr. Oferente e demais Autoridades, no Seminario Maior de San Martín Pinario.

 

Misa da Solemnidade do Apóstolo Santiago

10:10 h.: Saúdo do Excmo. Sr. Oferente ás Autoridades.

10:11 h.: Situados no pódium, Himno Nacional.

10:12 h.: Revista ás tropas.

10:14 h.: Descenden os paracaidistas coas bandeiras.

10:16 h.: Retíranse as tropas.

10:18 h.: Saúdos aos invitados.

10:20 h.: Colócanse no Centro da Praza coas Autoridades.

Os invitados diríxense cara á Catedral.

A procesión relixiosa inicia a súa entrada na Praza por Fonseca.

10:22 h.: Don Julián saúda ao Excmo. Sr. Oferente.

10:23 h.: Súmanse á Procesión e diríxense á Catedral.

10:25 h.: Entrada na Catedral. A comitiva detense ao pasar o Pórtico e os portadores vólvense ao Sr. Arcebispo.

Soan as Chirimías.

O Coro interpreta un Himno nas tribunas.

O Cantor finaliza co Gloria Patri.

A continuación soa o órgano e a Procesión encamíñase ao Presbiterio.

Ao chegar ao transepto, os portadores da imaxe do Apóstolo sitúanse ao carón, mentres os compoñentes da procesión van pasando de dous en dous ante ela e fanlle reverencia, dirixíndose logo cara ao altar.

Feita a xenuflexión, soben as bancadas do presbiterio, bican o altar e diríxense aos lugares que teñen reservados no presbiterio. As autoridades e o Excmo. Sr. Oferente, acompañados pola Comisión Capitular, ocupan os lugares preparados para eles.

O Excmo. Sr. Arcebispo inciensa o altar e sitúase na Sede. Comeza a MISA ESTACIONAL, conforme ao seguinte esquema:

Saúdo do Sr. Arcebispo.

Acto penitencial.

Canto do “Kirie e Gloria”.

Oración da Misa de Santiago Apóstolo.

 

Liturxia da Palabra

Monición.

1ª Lectura en castelán (Hch 4, 33; 5, 12.27-33; 12, 2).

Salmo responsorial (Cantor) Sae 67, 2-3.5.7-8.

2ª Lectura en galego (2 Co 4, 7-15).

Aleluia gregoriano e Motete.

Procesión para a proclamación do Evanxeo.

Incensación ao Evanxeliario.

Proclamación do Evanxeo (Mt 20, 20-28).

O diácono lévao a bicar ao Sr. Arcebispo, que dá a bendición co Evanxeliario.

Repítese o Aleluia.

Despois, o Excmo. Sr. Oferente, acompañado pola Comisión Capitular, desde o mesmo lugar en que está situado (trono con Gobelino), comeza a súa InvocaciónOfrenda, á que responde inmediatamente o Sr. Arcebispo coa súa Resposta-Homilía. Todos se manteñen de pé durante a invocación do Oferente e sentados durante a Homilía.

Credo (rezado).

 

Liturxia Eucarística.

Ofertorio (Órgano).

Incensación:   Sr. Arcebispo: ofrendas, Cruz, altar e Apóstolo.

Diácono: Sr. Arcebispo, Sr. Oferente.

No presbiterio: Bispos e clero.

No centro diante do altar: pobo.

Oración sobre as ofrendas da Misa de Santiago Apóstolo.

Prefacio do Apóstolo Santiago o Maior.

Canto do “Sanctus”.

Pregaria Eucarística.

 

Rito da Comuñón.

Noso Pai

Rito da Paz e canto do “Agnus Dei”.

Comuñón (Cantos: Coro e cantor).

Oración despois da Comuñón da Misa de Santiago.

Monición.

Botafumeiro.

Mentres cántase o Himno ao Apóstolo Santiago.

Introdución á Bendición Apostólica.

Bendición do Sr. Arcebispo.

Despedida do Diácono.

Órgano.

A continuación, os membros de protocolo inician a saída dos invitados, comezando polos últimos; ao chegar ás primeiras autoridades e o Excmo. Sr. Oferente, o Pincerna abre o Cortexo Litúrxico, pola mesma orde que na procesión de entrada, e o Excmo. Sr. Oferente e as autoridades principais en último lugar, detrás do Sr. Arcebispo, acompañados pola Comisión Capitular.

Ao chegar ao Pórtico da Gloria, o Excmo. Sr. Arcebispo despide ao Excmo. Sr. Oferente e ás autoridades e encamíñase á Sala Capitular, para finalizar a celebración.

Unha vez deixados os ornamentos litúrxicos, unha Comisión do Excmo. Cabido acompaña ao Excmo. Sr. Arcebispo ata a porta da Azabachería.

 

Versión en castelán