Televisión de Galicia retransmitirá mañá a Misa da Solemnidade de San Xosé

Televisión de Galicia (TVG) retransmitirá mañá xoves, día 19 de marzo, a Santa Misa da solemnidade de San Xosé. Farao no horario habitual da misa dominical, é dicir a partir das 10:00 horas e desde o templo compostelán de San Fructuoso. TVG ofrece este servizo para que os fieis das dioceses de Galicia poidan por este medio seguir a Santa Misa dado que, tal e como sinalaron os bispos galegos hai uns días, non hai culto público nos templos e dispensouse da obrigación de oír Misa os domingos e festas de precepto.

Versión en castelán