Todo listo para celebrar a Asemblea Anual de Catequistas

O vindeiro sábado, día 9 de marzo, desde as 09:30 ata as 18:30 horas, estamos convocados todos os catequistas da Diocese á Asemblea Anual de Catequistas, e así celebrar o noso gran día do catequista.

Este será un día de encontro, formación e celebración que viviremos acompañados do noso arcebispo Don Julián, quen ao final, enviaranos a seguir realizando este ministerio fundamental para a Igrexa.

Lembremos:

¿Onde?

Comezaremos no Auditorio Abanca (Rúa Preguntoiro, 23).  Aquí teremos, tanto o saúdo inicial, como o relatorio de Miguel da Mata. Ao finalizar, haberá media hora de descanso,  para que, o que así o desexe, tome un café pola zona. A continuación, trasladarémonos ás Benedictinas, onde teremos unha celebración. Terminada esta, poderemos visitar as diferentes casetas que atoparemos xa, no Seminario Maior. Onde comeremos, e teremos os talleres, para desprazarnos finalmente ata as Benedictinas, para a celebración da Eucaristía.

O programa será o que segue:

09:30 Acollida e retirada de materiais (Abanca)
10:00 Saúdo inicial. Relatorio – coloquio (Abanca)
11:30 Descanso – café
12:00 Celebración (Benedictinas)
13:30 Visita ás casetas (Seminario Maior)
14:00 Comida (Seminario Maior)
15:30 Talleres (Seminario Maior)
17:00 Traslado e preparación da Eucaristía
17:30 Eucaristía de envío (Benedictinas)
18:30 Homenaxe aos Catequistas de vodas de prata, ouro e platino. (Benedictinas)

Hai a posibilidade para comer de menú (no restaurante da Hospedería de San Martín, por 10 euros), para o que, hai que inscribirse previamente, por razóns obvias de organización.

Versión en castelán