Últimos días para inscribirse no curso sobre o novo Directorio da catequese

Este próximo mércores, 4 de novembro, comeza un novo curso de Actualización Teolóxico-Pastoral organizado polo Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas (ISCCR) e a Escola de Teoloxía para Segrares. O prazo para inscribirse acaba o martes pola mañá. O xoves abrirase a inscrición para o segundo relatorio, só para aquelas persoas que non se matricularon con anterioridade. O curso é gratuíto e por primeira vez será totalmente online.

Baixo o título xenérico “Un novo Directorio para a Catequese e a nova evangelización. Lectura e claves de fondo” estudaranse todos os aspectos relevantes do texto elaborado polo Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evangelización.

Como cada ano, o curso desenvolverase en catro sesións ao longo de todo o mes de novembro en horario de 19h a 20:15h.

O primeiro relatorio será o mércores 4 de novembro. Correrá a cargo do arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio Barrio co título “Ás portas dun Ano Santo Compostelán: o camiño e a catedral como catequese en acto”.

O xoves 12 de novembro será a quenda de mons. Rino Fisichella, Presidente do Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evangelización e responsable máximo do documento. Expoñerá os seus obxectivos e finalidade fundamental nun “Directorio para unha catequese de nova evangelización”.

O xoves 19 de novembro o profesor do Departamento de Teoloxía da Evangelización e Catequese da Universidade Eclesiástica San Dámaso, Juan Carlos Carvajal Blanco falará da “Catequese kerigmática e de iniciación: claves para a conversión misioneira da pastoral”.

Pechará o curso o mércores 25 de novembro o bispo auxiliar de Barcelona Antoni Vadell Ferrer coa conferencia “Os catequistas “primerean” a catequese”.

A inscrición para participar neste curso pode facerse na seguinte ligazón:

A Secretaría do centro poñerase en contacto cos rexistrados para ofrecer as indicacións técnicas relativas á conexión.

Versión en castelán