Unha intervención sobre o COF diocesano abriu as Xornadas de Primavera do ITC

Hoxe xoves finalizan as Xornadas de Primavera organizadas pola Cátedra Quiroga Palacios do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC), que comezaron o pasado día 7 de maio. A primeira das tres charlas versou sobre “Aceite sobre as feridas” e correu a cargo do Centro de Orientación Familiar da Diocese de Santiago. Estiveron presentes o seu director, Luís García Bernadal, e dous voluntarios, que falaron amplamente sobre a tarefa de acompañamento ás familias que se efectúa desde esta institución diocesana. Na charla, presentada por José Antonio Castro Lodeiro e Miguel da Mata, estivo presente ademais o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio.

Onte día 8 de maio falouse sobre “Cando a lei non basta. Experiencia dun xuíz de familia”, cunha intervención de Eduardo Fernández-Cid Tremoya. Para hoxe xoves está prevista a intervención de María Luisa Berzosa, F. I., quen falará sobre “A mirada feminina sobre o Sínodo dos Mozos”.

Versión en castelán